Cambados e Sanxenxo acollerán do 26 ao 28 de marzo de 2019 a celebración do VIII CONGRESO GALEGO DE MEDIO AMBIENTE E SAÚDE E TURISMO SOSTIBLE NO SALNÉS- LXI CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL (Cambados os días 26 e 27, e Sanxenxo o 28 de marzo).
A temática do Congreso centrarase en catro grandes bloques de gran interese e actualidade: o Cambio Climático, a Economía Circular, a Problemática ambiental e social da Ría de Arousa e o Patrimonio natural e turismo sostible.
Contarase tamén con visitas prácticas, é dicir, con rutas e interese pola comarca do Salnés, como a Ruta do Viño Rías Baixas (Martín Códax, Paco & Lola e Condes de Albarei) ou a Ruta de Turismo Verde “Árbores Monumentais e Singulares”, contando tamén cunha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa. Desta forma, porase en valor as potencialidades e fortalezas da comarca do Salnés, unha das zonas máis emblemáticas e de maior beleza de Galicia.
Os obxectivos do Congreso son impulsar un modelo enerxético máis sostible para avanzar na loita contra o cambio climático; fomentar o modelo de economía circular que garante o futuro do medio ambiente; promover a xestión sostible dos recursos mariños; impulsar a loita contra as pragas da vespa velutina e o picudo vermello; promover o Salnés como destino de excelencia turística e a súa proxeción internacional; e por úlitmo, apoiar a candidatura de “Cíes-Illas Atlánticas” a patrimonio mundial da Humanidade.
O Congreso está dirixido a técnicos e funcionarios das administración públicas que traballan nos sectores de medio ambiente, turismo e saúde; profesorado universitario, ensinanza secundaria e formación profesional; xestores e técnicos de empresas; axentes que realizan tarefas de vixilancia e protección da natureza; así como colectivos diversos que traballan na defensa do medio ambiente.
O congreso contará coa participación dun centenar de ambientalistas e de 40 expertos de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos de actuación procedentes de América, Portugal, España e especialmente de Galicia. Haberá unha representación do mundo académico, universitario e profesional, das administracións públicas a nivel estatal, autonómico, provincial e local, do mundo empresarial, así como outros colectivos sociais.
Abrirase o congreso cunha conferencia maxistral a cargo do Prof. Dr. Eleuterio Martínez, científico-humanista, académico e catedrático de recoñecido prestixio en América, que presentará as medidas de mitigación e adaptación para loitar contra o cambio climático, e como broche de ouro do congreso, cabe destacar a contribución maxistral do Prof. Dr. Federico Mayor Zaragoza, figura relevante de recoñecido prestixio a nivel mundial, cuxa dilatada e fructífera andadura como director xeral da UNESCO deixou profunda pegada, que se sumará a apoiar a candidatura das Cíes-Illas Atlánticas a Patrimonio Mundial da Humanidade.
En sintonía coa vocación de servizo público desta iniciativa, convócanse 100 prazas gratuítas, as cales serán cubertas por rigurosa orde de inscrición. Os e as interesantes en participar activamente no Congreso deben formalizar a súa inscrición canto antes, enviando o boletín de inscrición cuberto con todos os seus datos ainfo@medioambienteysalud.com para garantir a súa praza.
Para máis información poden consultar a páxina web www.medioambienteysalud.com ou poñerse en contacto co Presidente do Comité Organizador e director académico e científico do Congreso no e-mail: profdrfp@icloud.com ou no número de teléfono 609 81 74 03.
Boletín de inscrición.pdf 219K Ver en formato HTML Descargar |
Programa provisional 11-02-2019.pdf 906K Ver en formato HTML Descargar |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.