Os Reis Magos xa andan polas nosas rúas. Hai uns momentos fixeron acto de presenza por varios municipios da Comarca do Salnés. Visitarán os concellos en Cambados están desde as 11:30 horas.
Pero será cando esta tarde sairán nas tradicionais cabalgatas para percorrer as ruas e praxas dos nosos pobos.
En Cambados este ano hai pequenos trocos que afectan ao recorrido.
Tradicionalmente saían desde a Praza de Fefiñáns e concluían na praza do Conncello. Este ano no canto de saír de Fefiñáns, ás cinco da tarde, sairán desde a escalinata de San Tomé.
Trala visita que os Reis Magos farán un ano máis aos residentes do asilo. Desde alí e pasando por a avenida de Galicia, Plaza do Concello, avenida de Vilariño e avenida de Madrid chegarán a praza de Fefiñáns, onde está instalado un palco para que os Magos de Oriente reciban aos máis pequenos. Este ano pasearán por Cambados en carrozas inspiradas en personaxes de Disney como o Rey León, Blancanieves e Peter Pan. Como en anos anteriores estarán acompañados por unha carroza da asociación Volandeira, a Banda de Música de Castrelo e grupos de gaitas locais.
Horarios de saída das Cabalgatas
Vilagarcía- Desde as 4:30 da tarde e tras unha parada no Asilo sairán coma sempre desde o Auditorio.
Vilanova- Percorrido en autobús polas parroquias e as 8 da tarde recibirán aos pequenos no Multiusos
O Grove- Saída as 18:00 horas desde o Colexio Valle-Inclán ata o Corgo
A Illa- As 5 da tarde desde a Casa do Mar
Ribadumia- Sairá as 4 desde o Auditoria e percorre as parroquias
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.