A policía conseguiu desarticular esta fin de semana unha rede que se dedicaba a traer droga a España desde Portugal. Interceptáronos no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, con 400 quilos de cocaína ocultos nun camión de transporte de froita.
O cargamento viña do porto de Leixoes, no Porto, onde chegara nun barco procedente de Colombia. Todo parece indicar que se dirixía a unha empresa de venda froitas de Ourense cuxo propietario é un dos oito detidos.
A desarticulación desta rede é froito da colaboración do Greco da Policía Nacional coas policías colombiana e portuguesa. Desde facía meses estaban siguiendole o rastro do alixo que foi detectado finalmente en Galicia.
Estas próximas horas está previsto que os arrestados pasen a disposición xudicial en Pontevedra. Ademais dos oito arrestados hai un investigado máis que puido huír e ao que se relaciona cun coñecido narcotraficante de Cambados.
Os detidos son de nacionalidades española e portuguesa. Estas últimas horas practicáronse rexistros en vivendas de Ribadumia, na provincia de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.