Unha persoa resultou falecida esta madrugada no termo municipal de Cambados, en Corvillón, tras ser atropelada por un vehículo na VG-4.3, á altura da saída de Corvillón, sentido AG-41.
Foi unha persoa particular a que contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia preto das 04:30 horas para comunicar o suceso e solicitar asistencia urxente para a que persoa que estaba tendida na vía. Así, o persoal do CIAE 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Ata ao lugar do accidente tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Cambados, que ademais solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.
As causas do suceso están a ser investigadas polas forzas de seguridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.