Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2019

A OMIX DE CAMBADOS OFRECE INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS XÓVENES

 A OMIX de Cambados ofrece información de varios cursos ou iniciativas especialmente para os xóvenes.

·         Curso: EMPREGO VERDE NAS RESERVAS DE BIOSFERA:

O CEIDA acaba de poñer en marcha o Curso ‘Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor’, dentro dun novo proxecto que este ano está a desenvolver co apoio da Fundación Biodiversidad a través do programa EmpleaVerde, co obxectivo de capacitar a desempregados/as en materia de posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais do territorio das Reservas de Biosfera de Galicia e Asturias baixo criterios de sostibilidade ambiental.

A actividade, de carácter presencial e gratuíta, desenvolverase en tres edicións diferentes (A Coruña, Lugo e Ourense) durante este primeiro semestre do ano, e con ela pretende facilitar o coñecemento do patrimonio natural e cultural das diferentes Reservas de Biosfera galegas, capacitar na adquisición de ferramentas básicas de educación e interpretación ambiental para a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais, así como dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e a creación do emprego verde.

Xa está aberta a inscrición para a primeira das edicións, que terá lugar na sede do CEIDA (Castelo de Santa Cruz, Oleiros) do 4 de febreiro ao 1 de marzo. As prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/emprego-verde-nas-reservas-de-biosfera-recursos-do-territorio-e-ferramentas-para-a-sua

Obxectivos
  • Facilitar o coñecemento sobre os recursos naturais e patrimoniais presentes nas distintas Reservas de Biosfera galegas.
  • Capacitar na adquisición de ferramentas de posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais en distintos ámbitos (educativo, social e ecomónimo) baixo criterios de sostibilidade.
  • Formar nas técnicas básicas de educación ambiental e interpretación do patrimonio.
  • Dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e de proximidade, e a creación de emprego verde.
Dirixido a Desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia.
Contidos (160 horas)
  • MÓDULO 1: Interpretación do Patrimonio Natural e Cultural.
    • Obxectivos e principios da Interpretación do Patrimonio.
    • Interpretación secuencial e non secuencial.
    • Os piares da Interpretación.
    • Modelo TORA.
  • MÓDULO 2: Educación, Documentación e Información Ambiental.
    • Introducción á Educación Ambiental, historia e situación en Galicia.
    • Información, Documentación e Comunicación Ambiental.
    • Inclusión da perspectiva de xénero e diversidades funcionais na Educación Ambiental.
    • Xestión de Grupos.
    • Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de Educación Ambiental.
  • MÓDULO 3: Coñecendo os Recursos do Territorio.
    • Protección do patrimonio natural: historia e conceptos básicos.
    • Reservas de Biosfera.
    • Patrimonio Natural e Cultural das Reservas de Biosfera de Galicia.
    • Produción agroalimentaria sostible e de proximidade.
O curso inclúe visitas de estudo nos diferentes módulos.
Lugar e datas
  • A Coruña (Castelo de Santa Cruz, Oleiros):  4 febreiro - 1 marzo de 2019 (inscrición aberta). Horario: luns a venres, de 9 a 14 h. e de 16 a 19 h.
  • Lugo:  18 marzo - 12 abril  de 2019 (próxima inscrición)
  • Ourense:  6 - 31 maio  de 2019 (próxima inscrición)
DOCUMENTACIÓN A APORTAR
Unha vez enviado o formulario de inscrición, solicitaráselle a seguinte documentación:
  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Tarxeta de desemprego en vigor.
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.
INSCRICIÓN: Actividade gratuíta.  // Prazas limitadas.



            RECURSOS DO TERRITORIO E FERRAMENTAS PARA A SÚA POSTA EN VALOR

·         Educación para a saúde (Cruz Vermella)


















·         Plan de emprego (Cruz Vermella - Pontevedra)











·         Formación: Por que non traballamos en equipo?
Do 5 ao 8 de febreiro en Vigo


·         Curso de prevención de condutas violentes (Cruz Vermella)












·         Recursos a disposición das mozas galegas para a prevención da violencia de xénero.

Recursos a disposición das mozas galegas para a prevención da violencia de xénero
03 Xan 2019
Publicado enEn portada

Centros Quérote+ son espacios da Dirección Xeral de Xuventude dirixidos á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das Tics e hábitos saudables. A atención é ANÓNIMA e GRATUITA. Podes contactar por email, info@querote.org por Whatsapp no 647 018 752 e persoalmente nas distintas oficinas:  
    Quérote + Santiago.  Rúa Ramón Piñeiro, 19. Tlf: 881 997 613
    Quérote + A Coruña.  Praza de Ourense, 7-8 1º. Tlf: 981 223 913 
    Quérote + Ferrol.  Rúa Santa Comba 61. Tlf: 981 317 027
    Quérote + Lugo. Complexo Xuvenil LUG II Rúa Pintor Corredoira 4. Tlf: 982 241 732
    Quérote + Ourense.  No Espazo Xove na rúa Celso Emilio Ferreiro 27 4º. Tlf: 988 231 470
    Quérote + Vigo.  Rúa Ferrería 41. Tlf: 986 095 977
Agresión OFF é unha App institucional, da Xunta de Galicia, con información útil e consellos para evitar e prever agresións sexuais, así como pautas para saber a onde dirixirse para maior apoio e información.  http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/app-de-agresion
Asesoramento Xurídico On-line
A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha este servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.
Cumprimentando o seguinte formulario, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.  FORMULARIO 
Teléfono da Muller
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
    O Teléfono da Muller é o 900 400 273.
As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais desde este portal.
Centros de Información ás Mulleres
Existen diversos CIM en toda Galicia: https://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres
Axudas económicas da Dirección Xeral de Igualdade: A Xunta de Galicia a través de Igualdade conta cunha liña de axudas económicas en materia de violencia de xénero
Teléfono de atención: 016 (teléfono gratutito que non deixa rastro na factura pero é preciso eliminar do rexistro do teléfono)
# Ctrl non é amor, divertida guía elaborada polo colectivo Saraiba composto por JUDITH VELASCO, ESTHER ARIAS, SANDRA CARRACEDO, RAQUEL MONTESERÍN, ZORAIDA CHAO, ALBA VÁZQUEZ e BENJAMÍN SALVADOR. Contaron coa axuda da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.