TELÉFONOS DE INTERESE

16 de enero de 2019

A DEPUTACIÓN PROMOCIONARÁ A PROVINCIA EN FITUR CO LEMA 'FAME DE EXPERIENCIAS'


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou este mércores na súa presentación que a entidade aposta "por un destino Pontevedra provincia multiexperiencial, apostando polo territorio, o patrimonio cultural e as persoas que hai detrás da gastronomía". Carmela Silva estivo acompañada na presentación da campaña polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla, que falou do vídeo promocional no que aparecen "non intérpretes, senón produtoras e produtores, a xente real que normalmente non se ve" polo que se fala "da cadea real de valor, da sustentabilidade". "Esta xente é quen nos diferencia do resto", subliñou.
A Deputación anima a visitar as Rías Baixas propoñendo experiencias "nun territorio cunha gastronomía de calidade, con innovación e tradición, representando a toda a provincia: abarca a todos os concellos e sectores e á cidadanía", sinalou a presidenta.
"A enogastronomía está asociada a Pontevedra e o emoturismo (turismo de emocións), é un gran movilizador", explicou Carmela Silva. Ademais, o que se busca é "avanzar na desestacionalización" con fortalezas como os "produtos de tempada, mellora dos voos, cultura e termalismo".
Segundo avanzou Silva, a campaña será moi comercial e estará dispoñible en galego, castelán e inglés. Fitur será o punto de partida. Despois desta feira desenvolveranse as seguintes accións de promoción como as de márketing directo, presentando o destino "interna e externamente", con especial incidencia nas localidades onde hai voos directos e desenvolvendo "unha gran campaña online e offline".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.