Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de diciembre de 2018

“¡Y AUN DICEN QUE EL PESCADO ESTÁ CARO!”



Nos primeiros anos noventa,  cando optei por facer a Prestación Social Sustitutoria no canto do Servizo Militar e,  grazas á eficiente xestión de José Pepe, fun “destinado” á Casa da Cultura do noso pobo que, daquela   atopábase na Rúa Nova ao carón da Cultural; un dia, o encargado da mesma, o sempre recordado Luís Rei, mandoume clasificar unha serie de documentos antigos i, entre ditos documentos, apareceu un recorte do, hoxe,  desaparecido periódico “El Caso” do ano 1956 no que a xornalista Margarita Landi, desprazada dende Madrid a Cambados, informaba do naufraxio dunha pequena embarcación, unha dorna en concreto, chamada “O Canario” na que seis persoas (catro delas  irmáns dunha mesma familia) pereceran afogados a entrada da Ría de Arousa. Eu, que algo xa lle escoitara falar, nalgunha ocasión, ao meu pai do tema pois, non en vano, eran parentes meus, lin o recorte do xornal na intimidade do sotano da Casa da Cultura, mentres pensaba o impacto que, daquela,  debeu causar tal traxedia no Cambados de mediados dos cincuenta; por certo o titulo do artigo de “El Caso” (e que collín prestado para encabezar este relato) xa era bastante elocuente de hasta que punto a periodista madrileña, finada no ano 2004, implicábase cos tráxicos feitos: “¡¡Y AUN DICEN QUE EL PESCADO ESTÁ CARO!!”.


O pasado mércores 19 pola tarde, cando unha amiga mandoume un privado onde me informaba da traxedia do “Sin Querer 2” e  da identidade das persoas falecidas, comprendín perfectamente como se debeu sentir Cambados aquel tráxico dia de 1956 e, mais aínda , cando, a través das distintas  televisións e das redes sociais puiden observar todas as mostras de dor que se producían no noso pobo.
Mentiría si dixera  que non me impresionou tal noticia pois tanto a  Manuel Serén, Teófilo Rodríguez como a Guillermo Casáis coñecíaos,  tratábaos, e tíñalles un mais que manifesto aprecio.
Cando vives lonxe do teu pobo  (como é o meu caso) co tempo, acabas  tomando unha serie de elementos para telo presente  no recordo e na memoria; un deses elementos mais importantes e  vitais son as súas xentes que, ao fin e ao cabo, son o ADN fundamental de todo pobo e, por iso, aínda hoxe  non me acabo de crer que na próxima visita á miña vila natal non volverei a atoparme con Manuel, con Teo e  con Guillermo.
Fai un par de veráns lembro que, unha tarde,  que estaba paseando por Cambados coa miña familia,  coincidín con Manuel e Coral, estivemos charlando un bo rato e, tras despedirnos, recordo que lle dixen á miña muller: “este matrimonio é o típico matrimonio  que xa teñen fillos maiores e, ademais, xa son avós pero, eu non podo evitar seguir a velos coma un parella de noivos porque (polo menos esa era a miña apreciación persoal)  observaba que estaban tan compenetrados, que eran “tal para cual” que non podías imaxinar a un sin o outro; por iso cando souben da morte de Manuel Seren, un dos meus primeiros pensamentos, (a parte de para os seus fillos: Manuel e Marcos)  foi, tamén, para a súa muller porque coa morte de Manuel, morreu unha parte importante de Coral.
Do mesmo xeito, cando “aterraba” en  Cambados non podía, tampouco, evitar pensar cando me atoparía con ese par de “benditos tolos” que eran Teo e a súa muller Tila e, como non, tamén  á súa cuñada e irmán, respectivamente, Jueka, mais que nada porque sabia que o “cachondeo” estaba asegurado; de Teo podíase dicir moitas cosas e, de feito, estes días lévanse dito boa parte delas   pero eu, simplemente, a modo de resumen, direi que me parecía un bo tipo e unha persoa excelente e que tiña o meu respecto e que sei que moitos van botalo en falta.
A última vez que falei con Guillermo foi, ironicamente , nun barco e no medio do mar, en concreto, o verán pasado durante a procesión do Carmen no barco do meu cuñado;  Guillermo contábame como o seu fillo non tiña parada (“ten o formijillo” como dicimos os de Cambados) i eu respondinlle que de que se estrañaba, obviamente, o fillo herdara os xenes dos  “Piroliñas”, tan característico en Guillermo e, de seguro, que os que o coñeciades sabedes ben do que estou a falar.
Antes de acabar non quero esquecerme do cuarto membro deste “poquer mortal”, Bernardino Padín, que si ben non o coñecía persoalmente, quería tamén mandarlle as miñas mais sinceras condolencias á sua familia e os  seus seres queridos.
Como xa teño manifestado en algunha ocasión non son crente pero si, realmente, existe o ceo non teño a menor dúbida de que Cambados estará  moi ben representado por xente como Manuel, Teo e Guillermo, xunto a outros que todos temos na memoria e que, por desgraza , tamén partiron demasiado   cedo.
Vaia este relato como a miña humilde homenaxe a estes cambadeses que nos deixaron e todo o meu apoio e respecto para as súas familias.
UN SAUDO A TODOS   
                   

RICARDO DOMINGUEZ REY

1 comentario:

Pablo dijo...

Recordo ese recorte do periódico "EL CASO", a viuda do patron era niña avoa,hay un documental realizado polo cambades Juan galiñanes chamado "mariñeiro" que trata este tipo de feitos tan traxicos que conleva as veces o mar.....

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.