Tralo parón do ano pasado, volve o Belén do Hotel os Pazos xa está exposto para poder ser visto por todos.
Convidámolos a visitar o belén dun veciño de Cambados que leva anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera ao do 2016 que tiña unha superficie de 20 metros cadrados e máis de duascentas figuras.
Carmelo Fernández, o autor e dono deste belén, ten máis duascentas figuras así como adornos e pezas sobre unha superficie de máis de 20 metros cadrados. Carmelo leva máis vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano coma en anteriores o Refugio de Animales, o Teatro Caracol a asociación GaliciAME e a República de Beleco voltan a ter unha pequena parcela neste bonito belén.
É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da familia e de veciños que aportan pezas.
Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.
VÍDEO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.