Presentan a dimisión as xefaturas de atención primaria de Vigo, fartos da gravísima situación de deterioro na que se encontran os centros de saúde e os seus compañeiros, profesionais que se ven impotentes para atender aos pacientes como saben que necesitarían e como lles gustaría a eles.
O Conselleiro de Sanidade ten que ofrecer solucións concretas de inmediato ou acabará xeneralizándose a toda Galiza.
O Conselleiro debe dimitir se non é capaz de atender esta alerta que lle chega desde a a atención primaria de Vigo.
Esta é a carta de dimisión (preme na ligazón):
Carta dimisión decembro xefaturas Vigo
A rebelión que vén xestando na atención primaria de Vigo nos últimos meses explotou hoxe. Un nutrido grupo de xefes de servizo dos centros de saúde dimitiron de forma colectiva dos seus cargos e quedar como médicos de familia ou pediatras rasos, segundo confirman fontes sanitarias. Presentouse na sede do Colexio Médico. É a maneira de evidenciar a súa protesta contra «a progresiva deterioración da asistencia sanitaria da atención primaria», como recolleron en varios escritos.
Será un movemento sen precedentes en Galicia. Na área de Vigo hai 34 xefes de servizo e unidade de centros de saúde "hai servizos que abarcan varios ambulatorios". A dimisión en bloque é unha medida extrema e é algo que o colectivo vén debatendo nas últimas semanas. Os médicos buscaban a maneira de chamar a atención sobre a situación de sobrecarga que atravesan. A mediados de novembro tomouse a decisión e xa hai máis de vinte xefes que asinaron o comunicado que fixeron hoxe público.
A Consellería de Sanidade coñece o movemento. Mesmo esperaba que se producise días atrás. Os intentos de paralo foron infrutuosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.