TELÉFONOS DE INTERESE

15 de diciembre de 2018

OS ESPUMOSOS DE RÍAS BAIXAS PREPARAN O NADAL


Achégase unha das épocas do ano máis vinculadas aos brindes, un xesto que se adoita asociar cos viños espumosos. O Nadal é, por tanto, un dos momentos máis esperados por aquelas adegas que elaboran este tipo de viños, que en Rías Baixas son xa numerosas. Segundo datos do Consello Regulador, o órgano prevé certificar unhas 120.000 botellas de Rías Baixas Espumoso de Calidade xa que, como corrobora o director técnico do Consello, Agustín Lago, existe un interese crecente por este produto. “Nesta campaña están a comercializar Rías Baixas Espumoso de Calidade 14 adegas e elaborando, 19”, apunta. Desde que este viño foi incluído no regulamento do Consello Regulador, en 2009, de acordo coa normativa europea que distingue entre Espumoso e Espumoso de Calidade, “o número de adegas non parou de crecer desde as 5 iniciais ata as 19 que están a elaborar hoxe, pero tamén é certo que a produción durante estes dous anos mantense algo estática”, admite Agustín Lago. O director técnico matiza que “no mercado pódense atopar ata 20 marcas deste produto de Rías Baixas”. A normativa aplicada aos espumosos en Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas e distingue distintos tipos segundo o nivel de azucre. Estes son Brut Nature (sen azucre), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce (que leva maior cantidade de azucre). Todos as Rías Baixas Espumosos de Calidade deberán seguir o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.