TELÉFONOS DE INTERESE

15 de diciembre de 2018

ANULADA UNHA SUBVENCIÓN A UNHA EMPRESA NA QUE É DIRECTIVA A EX-CONSELLEIRA DE FACENDA



O Ministerio de Facenda acaba de retirar 2,03 millóns de euros de subvención á empresa do Porriño CITIC HIC Gándara Censa, por destruír emprego no canto de crealo. Marta González Currás, ex-secretaria de Estado nese ministerio e ex-conselleira de Facenda, é membro do consello de administración de Gándara Censa, que tamén recibe subvencións da Xunta. A EMPRESA PROMETEU CREAR EMPREGO, PERO DESTRUÍUNO Gándara Censa se compremetió a cambio da axuda a, entre outras cousas, crear 20 postos de traballo. Non só non cumpriu, se non que reduciu os empregos de 152 a 138. Así figura na disposición publicada este mércores no BOE. Como sinala Economía Dixital, Facenda ditamina que debe devolver o 100% dos 2.037.595,17 euros concedidos. COBROU NESA ÉPOCA OUTRA MILLONARÍA AXUDA DA XUNTA Eses 2,03 millóns de subvención recibiunos en virtude dun expediente do Estado de 2012. Meses despois, a Xunta, a través do IGAPE, concedíalle outra subvención, de 2,04 millóns. No DOG non consta que a Xunta detectase ningún incumprimento na súa axuda. No momento que se concederon as axudas, Currás era Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos. FEIJÓO PROMETEU QUE OS CHINESES IBAN A AUMENTAR O SEU INVESTIMENTO EN GALICIA Currás desembarcou no Consello de Administración da fábrica este setembro. A ex-conselleira é unha das poucas directivas españolas, pois a maioría son persoas chinesas da casa matriz, CITIC HIC.
Alberto
Nuñez Feijóo sacou peito en varias ocasións sobre o suposto atractivo de Galicia entre os investidores internacionais enarborando, precisamente, o desembarco chinés nesta empresa de fabricación de maquinaria. Así, o ano pasado visitou a central de Luoyang durante a súa misión de negocios a China. "Imos optimistas e confiados en que CITIC HIC siga en Galicia e poida ampliar as súas instalacións, os seus investimentos e o seu cadro de persoal na Comunidade" dixo no verán de 2017. En 2014, un ano despois da subvención do IGAPE, tamén visitou a sede da compañía no Porriño, destacando a súa "renovación da confianza en Galicia". Gándara Censa segue recibindo axudas públicas da Xunta. Por exemplo, o ano pasado 20.000 euros en subvenciónes de I+D. A PORTA GIRATORIA DE GONZÁLEZ CURRAS Non é a primeira vez que o nome de Marta González Currás aparece ligado a empresas que teñen relación directa cos administracións das que foi alto cargo. A ex-conselleira tamén é apoderada de Ernst & Young Avogados, parte dun dos tres grandes grupos de auditoría no mundo, e que traballa a miúdo coa Xunta. A propia Consellería de Facenda, que dirixiu Currás, contratou varias veces, algunha delas sen publicidade, recentemente con esta consultora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.