Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2018

OS CAMBADESES LEDA ATÓMICA RECOLLERON O SEU PREMIO NO CERTAME XUVENTUDE CREA 2018




O grupo musical cambadés LEDA ATÓMICA recibeu esta tarde o seu galardón na gala de entrega de premios Xuventude Crea 2018.
Os cambadeses quedaron segundos cos temas Ouvea! (Como Virxinia Woolf) e Modernas muertas.

Por outro lado, a tamén cambadesa, Lara Bande Huri coa colección “Cestería” recolleu tamén o seu segundo premio na categoría de Deseño de Xoias.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor o talento e a creatividade da mocidade galega na gala de entrega de premios de Xuventude Crea, que se celebrou esta tarde na Cidade da Cultura de Galicia.
Fabiola García felicitou a todos os participantes polos seus proxectos e instounos a continuar as súas talentosas carreiras artísticas, pois “sodes a demostración de que a creatividade galega ten un gran presente e un brillante futuro”, apuntou. Neste sentido, destacou que o éxito desta iniciativa “é o noso xeito de recordarlle ao mundo que Galicia ten unha canteira de artistas privilexiada”.
Ademais, a conselleira de Política Social ratificou o compromiso do Goberno galego coa mocidade. Un feito que se plasma na posta en marcha de programas como este, pois salientou que apoiar a creatividade “é unha das cousas máis fermosas que pode facer calquera goberno comprometido co futuro do seu país”.
Á edición deste ano presentáronse 257 proxectos individuais ou colectivos autoría de 357 participantes entre os 16 e os 30 anos de idade. Finalmente resultaron premiados 53 traballos, correspondentes a 93 mozos e mozas. Os galardoados nestas especialidades recibiron aos seguintes premios: 3.000 euros para os primeiros gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Tamén se outorgaron mencións de honra, sen dotación económica.
Xuventude Crea está composto por trece disciplinas: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, grafitti, moda, música, poesía, relato breve, skate, teatro e videocreación. Ao respecto, cómpre destacar que este ano, como novidade, incluíuse ao programa a modalidade de skate, recentemente declarado deporte olímpico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.