APARECE EN BO ESTADO O VECIÑO DE RIBADUMIA QUE DESAPARECEU O DOMINGO
O home é Francisco Abal Pintos, coñecido como Quico, e traballa nun taller de despezamentos de automóbiles en Cambados.
O veciño de Ribadumia (Pontevedra) de 32 anos que faltaba desde o pasado domingo da súa casa, e ao que a Garda Civil e varias agrupacións de Protección Civil buscaban, apareceu na tarde deste martes na zona de Armenteira.
Diso informaron fontes de Protección Civil, que explicaron que o home fora visto por última vez o pasado domingo pola tarde nun bar da tamén pontevedresa localidade de Cuntis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.