TELÉFONOS DE INTERESE
▼
20 de octubre de 2017
FESTIVAL SOLIDARIO NO GROVE, CITA INELUDIBLE
Este venres e sábado celébrase no Grove (Pontevedra) o festival "Nos seus pés, nas nosas mans", un evento benéfico que recadará fondos para as ONG Proem - AID Bombeiros Voluntarios de Lesbos e Project Elea, voluntarios de todo o mundo que colaboran no campo de refuxiados de Eleonas. A iniciativa parte dun grupo de veciños do Grove que, para o seu desenvolvemento, contan coa implicación de todo o equipo de Culler de Pau, comprometido cos valores de "xustiza, igualdade e solidariedade". "Non nos imos a quedar parados, podemos e queremos contribuír", engaden desde o restaurante.
Serán dous días de festival na praza do Corgo do Grove, nos que se celebrarán distintas actividades culturais (exposicións, concertos, ludoteca infantil, etc.) e informativas (voluntarios de Project Elea e Proemaid que contarán a súa experiencia). Entre as actuacións musicais, as de Escoitando Elefantes, Furious Monkey House ou Poetarras. Tamén se celebrarán showcookings coa participación de diferentes cociñeiros do Grupo Nove.
Os actos pecharanse o domingo coa proxección do documental "Morrer devagar", na carpa institucional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.