TELÉFONOS DE INTERESE
▼
20 de octubre de 2017
ARRANCAN MAÑÁN NO CEMITERIO DE S. MARIÑA AS "VISITAS SINGULARES: RIAS BAIXAS"
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este próximo sábado en Cambados o programa de difusión e promoción "Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos", que busca contribuír á desestacionalización do turismo na provincia "ofrecendo alternativas que se afasten dos estereotipos e permítannos mostrar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas", indica o organismo provincial. A ruta iniciarase ás 18.30 horas no cemiterio de Santa Mariña Dozo, coa participación da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de
Cambados, Fátima Abal. O percorrido, guiado, gratuíto e aberto a todas as persoas interesadas, permitirá coñecer o recinto, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa.
Ao finalizar a visita, ao redor das 20.00 horas, terá lugar o concerto "Claves líricas", do grupo Cómplices, tamén gratuíto e aberto a todas as persoas. Este espectáculo, dunha hora e media de duración, desenvolverase no Auditorio de Cambados e consiste nunha descrición musical e poética de Val Inclán. De feito, no cemiterio da localidade está enterrada a esposa e un dos fillos do literato arousán.
As "Visitas singulares Rías Baixas: cemiterios históricos" incluirá difusión e promoción doutros espazos similares na provincia como o Cemiterio dos Ingleses de Vilagarcía de Arousa, o de San Mauro en Pontevedra, o de Pereiró en Vigo ou o de Arcos de Furcos en Cuntis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.