TELÉFONOS DE INTERESE

19 de octubre de 2017

CARTA ABERTA A UNHA APENADA AMIGA












Querida e triste amiga:
O motivo desta misiva é, sobre todo, expresarme a miña preocupación polo teu comportamento destes últimos días; sei que non estás ben e por iso sufro, sufro moito porque, aínda que non o creas eu quérote moito e por iso comparto o teu sufrimento.
Mentiríache si te dixera que non levo días intentando saber que carallo che pasaba para ter ese comportamento tan estraño que che leva, incluso, a mentir e dicir cousas sobre min que quen, apouco que me coñeza, sabe que son totalmente falsas . Finalmente creo ter atopado a razón do teu comportamento errático que non é outra que tes unha baixa, baixísima  autoestima, quizais, porque (e isto é unha opinión persoal miña) non te dan todo o cariño  que, sen dúbida, te mereces.
Cando temos unha autoestima baixa non razoamos, guiámonos polos sentimentos e non nos paramos a pensar;  creémonos todo o que nos digan, mesmamente que a nosa parella ten unha amante colombiana, china ou do mesmo centro de Cuspidriños; non sei si será o teu caso, querida amiga, pero deixa que che diga que ti vales moito:  es guapa, intelixente e boa persoa e o que diga o contrario, simplemente, minte.
Como sei que estás a pasar un mal momento perdóoche toda a sarta de barbaridades que dixeches i estás a dicir de min, algunha simplemente absurda e que, como dixen antes, o que me coñece, aínda que soamente sexa un chisco, sabe que non son certas.
Recentemente  afirmaches que nunha ocasión,  chameite  ás catro da maña para ameazarte a ti e a túa  familia, ao dia seguinte dixeches que, en realidade, chameite para preguntarte que estabas facendo ¡¡ carallo, como cambiou o conto!! ; en calquera caso, nin unha cousa  nin a outra son certas e vou a deixar as cousas claras para que non sigas intoxicando con semellante falacia…….
É imposible que eu te chamara porque, sinxelamente, non teño o teu teléfono i iso xa tira por terra a túa hipótese; sei a ciencia certa que ti tes o meu numero de móbil porque, polo menos, dúas persoas moi achegadas a ti o teñen e mais dunha ocasión, inviteiche a que me chamaras porque eu contestaríache gustosamente e, si  é de serche sincero aínda espero  que, algún dia, teñas as ganas, a valentía ou, simplemente, os ovarios porque, como che acabo de dicir para min será un pracer falar contigo.
E agora vamos a contar a verdade porque,  como che  acabo de demostrar, a mentira ten as patas moi cortas.
Ti e eu levamos mais de 3 anos falando por privado, en concreto a través do Messenger de Facebook dende que un 9 de outubro do 2014  mandáchesme  unha  mensaxe (o tema é o de menos), aquilo foi o inicio dunha serie de conversas, de charlas entre ti e mais  eu, hasta un total de once (11); desas once conversas, algunhas realmente extensas,  déixame sinalarte que en oito (8) fuches ti a que contactou comigo e soamente en tres (3) fun eu quen iniciou as mesmas; é certo que hai unha conversación que iniciei eu, non as catro da madrugada  senón un 2 de abril  deste mesmo ano 2017, en concreto, as 5: 11 da maña, pero, en absoluto, ameaceiche. Aínda que non te teño agregada como amiga no Facebook, o sistema avísame cando estás conectada e, simplemente, aproveitei para saudarche; pero, en absoluto, o como acabo de dicir,  ameaceiche e a mellor proba diso é que estivemos falando unha media hora, dende as  5:11 hasta as 5.41….. a conversa non é ningún segredo: dicías que che fixera moita graza un post que eu colgara no que comentaba o suplicio que me producía ir de compras coa miña esposa; tamén lembro, dado o noso amor común   polos cans, que me contaras como en China os botaban en auga a ferver nunha celebración, simplemente, horripilante.  Curiosamente,  e isto demostra a falsidade  das  túas acusacións, das once conversas que tivemos (nas que, repito, unicamente en 3 ocasións fun eu que contactou contigo) esta conversa foi a mais amena e agradable de todas, incluso, lembro que para despedirme, feliciteiche pois, proximamente era o teu aniversario.
Obviamente todo o anteriormente exposto  podes intentar negalo pero, afortunadamente, teño copia do mesmo porque, como xa che dixen nunha ocasión, ti e os teus amigos podedes insultarme e chamarme de todo pero, dende logo, non me podedes chamar “mentireiro” porque todos estes anos que levo colaborando con “A ti meu Cambados” e “Cores de Cambados” cando dou unha información está mais que contrastada.
Estes días lévasme dedicados unha serie de insultos: “bufón”, “imbecil”, “payaso” etc. Eu non vou a caer tan baixo, en todo caso defínente mais a ti ca min pero déixame que te diga, simplemente, que eu fai tempo que intento evitar o termo “payaso” como insulto, en concreto dende que tiven a oportunidade de coñecer, nunha ocasión, a Carles, un rapaz que no seu tempo libre, vestíase de pallaso e visitaba a nenos no hospital infantil Sant Joan de Deu de Barcelona;  algúns deses nenos eran enfermos terminais de cancro e dicíame que, polo menos o que lles quedaba de vida, pola súa parte intentaría arrancarlles un sorriso e que para el iso era o mais gratificante que fixera na súa vida; desde ese dia comprendín o inxusto que é usar tan bendita ocupación como insulto.
Despídome non sen antes desexarte o mellor e que te vaia moi ben; nunha ocasión, nunha desas conversas que tivemos, dixéchesme que  estiveras en Catalunya, moi preto do meu pobo e eu indiqueiche que poderías terme avisado que eu non tiña inconveniente en quedar contigo; si volves por estas terras que saibas que o meu ofrecemento sigue en pe porque si hai algo que nunca rexeito é unha conversa a carón dun café ou unha cervexa porque penso que falando se entenden as persoas

Una saúdo  e un bico de alguén que te sigue apreciando moito
RICARDO DOMINGUEZ REY





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.