| ||||||
O Complexo Deportivo de O Pombal acollerá o vindeiro mércores día 1 de novembro a Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais da categoría Sub15. Estas son as seleccións que representan ás Delegacións da Real Federación Galega de Fútbol e esta competición vai a ser a primeira na que tome parte a recén creada selección da Costa da Morte, que por agora só vai a participar na categoría masculina.
En total van a ser 300 xogadores e xogadoras os que se dean cita neste campionato que se vai a desenvolver desde as 10 da mañá ata as 8 da noite nos dous campos de fútbol do complexo deportivo cambadés. Son os elixidos polos distintos seleccionadores comarcais e son os que buscan praza para as Seleccións Galegas Sub16 que en decembro disputarán a primeira fase do Campionato de España.
As seleccións participantes son: A Coruña, Ferrol, Lugo, A Costa da Morte, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Desde a RFGF agradecen a colaboración e predisposición do Concello de Cambados e do Club Juventud Cambados, a cal fixo posible a celebración deste evento na capital do albariño.
Presentación oficial
O lunes farase a presentación oficial do evento no Concello de Cambados (12:30 horas) | ||||||
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.