O cartel oficial da LXV Festa do Albariño 2017 é obra da madrileña Beatriz López León. O cartel foi elixido entre os 59 traballos presentados ao concurso, chegados desde diferentes puntos, non so de España senón tamén doutras partes do mundo. O xurado, integrado por seis persoas entre as que destacan nomes como o edil de Cultura, Víctor Caamaño ou o artista cambadés de recoñecido prestixio internacional, Manolo Paz, destacou a sinxeleza do deseño así como a elección do Pazo de Fefiñáns como un dos puntos máis representativos da Capital de Albariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.