TELÉFONOS DE INTERESE

20 de junio de 2017

A XUNTA INCLÚE A CAMBADOS NUNHA CAMPAÑA DE RECICLAXE DURANTE FESTAS IMPORTANTES













A Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña para promover festas sustentables i ecolóxicas. A festa e as fogueiras do san Xoán coruñés será onde bote a andar esta nova campaña da Xunta para promover eventos sustentables.

En colaboración con Ecovidro distribuirán 15 colectores nos areais urbanos. Con eles esperan recoller máis de 12.000 quilos de envases. Haberá premios para os que colaboren.
A experiencia repetirase noutras 5 festas destacadas da comunidade, como pode ser a do Albariño en Cambados ou o San Froilán.

A conselleira de Medio Ambiente adiantou que este tipo de accións, nas que conta coa colaboración de Ecovidrio, tamén estarán presentes noutros dezaseis eventos por medio de ecopatrullas, que informarán aos asistentes dos pequenos xestos que teñen que poñer en marcha para gozar dos eventos e ser respectuosos co medio ambiente.
Así, visitaranse os festivais musicais que se celebrarán ata setembro, como Atlántic Fest, Sinsal, PortAmérica, Revenidas, SonRías Baixas, Vive Nigrán, O Marisquiño, Cultura Quente, Festa Cidade Europa do Viño, Festival da Luz e as festas e feiras, como a Feira do Viño de Valdeorras, Festa do Pulpo do Carballiño, Festa do Albariño en Cambados, Festa do Marisco no Grove e o San Froilán en Lugo.
A entidade Ecoembes tamén se unirá a moitos destes eventos sustentables e colocará pequenos contedores para segregar o lixo en envases lixeiros (cor amarela) e papel e cartón (contedor azul).

Asemade, Medio Ambiente mantén activa a campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben. Reciclaremos mellor, que celebrar
á case 100 accións en eventos onde hai unha asistencia masiva, como a Festa do Pulpo do Carballiño ou o Festival Silleda-Rock. Con esta acción tamén se pretende incrementar as taxas de reciclado na Comunidade e propiciar unha xestión máis sostible dos residuos domésticos por parte dos cidadáns.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.