Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
21 de junio de 2017
UNHA EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DE BARCOS CHEGARÁ A CAMBADOS EN XULLO
A exposición sobre maquetas de barcos do Ano do Patrimonio inicia a súa andaina en Combarro
Está composta por 18 maquetas que reproducen embarcacións tradicionais galegas e poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio
"Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala" é o título da exposición sobre embarcacións tradicionais galegas que a partir do 29 de xuño se poderá ver en Combarro e que percorrerá 6 concellos da provincia con motivo do Ano do Patrimonio. Esta mostra está composta por 18 maquetas de barcos, de diversos tamaños e que corresponden a diferentes tipoloxías, e 13 paneis explicativos. En Combarro poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, na Praza da Chousa, durante as catro xornadas do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Despois de Combarro, esta mostra pasará por Cambados, Bueu, A Illa de Arousa, Vigo e O Grove. Esta exposición vai acompañada por unha pequena publicación que leva por título Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación en colaboración con Culturmar e A Citania. Esta guía recolle unha vintena de embarcacións tradicionais tanto de río como de mar e que son as máis comúns nas exposicións e nos encontros deste tipo. Inclúe ademais un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición das carpinterías de ribeira. A mostra tamén inclúe unha actividade complementaria de narración oral e música que correrá a cargo do músico e escritor Xurxo Souto o venres 29 ás 20:30 e que se realizará a bordo do Joaquín Vieta.
No marco do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a Deputación tamén colabora coa impresión da revista Ardentía e con diversas actuacións musicais programadas nesas catro xornadas, fundamentalmente, a cargo do programa Pontegal. O sábado 1 de xullo ás 12h na Escola do Campo, o deputado de Cultura e Lingua acompañará ao fotógrafo Xurxo Lobato na presentación do libro de fotografía Vento nas velas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.