Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de junio de 2017

BÚSCANSE FAMILIARES DE JOSÉ CORES GALIÑANES










Hai uns días chegaba a nos unha mensaxe de María Torres de Vigo, neta e biznieta de republicanos, escritora, poeta, memorialista, e investigadora histórica.

Esta muller está levando a cabo unha investigación para un libro sobre os vigueses que participaron na II Guerra Mundial (exiliados, deportados, combatentes, resistentes, mariños, espías...) e querría contactar con familiares de todos os homes e mulleres que van aparecendo ao longo da sua investigación. Empezou con trece e xa pasan dos corenta.

Ao longo das súas investigacións apareceu o nome de José Cores Galiñanes, nacido en Cambados e veciño de Vigo. Mariño republiano durante a Guerra civil española. 

José Cores Galiñanes naceu en Cambados pero trasladouse a Vigo (Rúa Real) Era mariño e na guerra estivo na frota republicana. En marzo de 1939 chegou ao Norte de África e logo viviu en Moscova.

Outro dato que se atopou é que os seus pais chamábanse José e Peregrina.
Por un sumario do Arquivo Naval de Ferrol sábese que a nai de José chamábase PEREGRINA GALIÑANES GARCÍA. En 1936 tiña 47 anos e estaba xa viúva. Era natural e veciña de Cambados. Xornaleira de profesión.

Tamén se  atopou o nome dunha muller con idénticos apelidos pero non hai certeza de que esta muller falecida hai uns meses puidera ser irmá de José, o seu nome era Luzdivina Cores Galiñanes

Agradeceríase calquer información que puidera facilitar o atopar a familiares de José. Calquer información pódese mandar por mensaxe á páxina do Facebook "CORES DE CAMBADOS" ou ben comentando debaixo deste artigo.










4 comentarios:

María Torres dijo...

Gracias por vuestro apoyo y colaboración.

CORES DE CAMBADOS dijo...

De nada, María. El primer paso está dado. Ahora te toca seguir.

Unknown dijo...

Te pido disculpas por aceptar recién la publicación. No la había visto.
Mis abuelos llegaron a Chile. Por el lado nuestro pareciera que no es familiar directo, aunque si, convengo en que somos una sola familia. Un gran abrazo....!!

Victoria Fernández Díaz dijo...

Hola, creo que ya se lo comuniqué a María y me pondré en contacto con ella pero yo tengo documentada su llegada a Túnez y su paso por al menos dos campos de castigo en Túnez y Argelia. Es poca cosa. En cambio no lo encuentro entre los que se fueron a la URSS en 1939. Tuvo que ser más tarde

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.