Como ben recordaredes, queridos amigos, a semana pasada, en relación cun artigo aparecido nun medio dixital que afirmaba que os de dereitas son mais guapos que os de esquerdas, fixemos unha lista cos peperos mais ghuapos de Cambados e, como sinalei, únicamente centreime nos homes; pois ben, hoxe toca botar unha ollada a esas mulleres peperas cambadesas, “mujeres de bandera y de quitarse el sombrero” como seguro diría o noso querido Jose Ppepe.
E vamos comezar cunha muller pepera que ben se lle podía aplicar aquel dito español que dicía “quien tuvo retuvo” e que non è outra que a concelleira Isabel Varela Piñeiro ………. Isabel é dese tipo de mulleres que, entrando xa nunha idade “madura”, mantén o atractivo das que cando eran mais novas, sen dubida, chamaban, por onde pasaban, a atención do sexo oposto i eran o centro de tódolos piropos; o atractivo da muller que se sinte segura de si mesma, iso si, cun “morenaso” de pel mais propio de sitios cálidos que non da terra onde a chuvia é un arte.
Pero si hai algo que chama, poderosamente, a atención nesta boa señora é a súa mirada, unha mirada profunda e penetrante, case, inquisidora; si vos gusta o cine seguro que moitos lembrades aquela famosa película do xénero do spaghetti western titulada “El bueno, el feo y el malo” (1966); pois ben, en dita produción participaba un actor chamado Lee Van Cleef que tiña unha mirada “clavadiña” á da nosa Isabeliña; si un dia acudides a un pleno municipal, como fun eu o verán pasado, e, nun momento dado, a vosa mirada se cruza coa dela podo asegurarvos, por experiencia propia, que un “escalofrio” recorrerá as vosas costas e daravos a sensación de que, en calquera momento, “Isabeliña” levantarase do seu asento e apoiando as mans no cinto espetaravos un “nunca debiches cruzar a este beira do río Umia, forasteiro” antes de desenfundar o seu colt 45 e soltarvos catro tiros ….. un consello que vos dou: si vos cruzades con esta muller facer como si fora a mesmísima medusa, (o monstro mitolóxico que quen o miraba á cara convertíase, inmediatamente, de pedra)…. ¡¡¡Non lle miredes aos ollos!!!!.
Pero sigamos con mais ghuapas peperas; outra que merece ser nomeada aquí tamén é concelleira, en concreto, referímonos a Mónica Brea Troncoso ….. xa sei o que ides pensar, queridos amigos: “¿Mónica Brea Troncoso? ¡pero si é “menuda”, baixiña e con cara de mala ostia!! , entón eu contestaríavos : “¿¿e que??” …. Si Mónica Brea fora rubia, alta e de ollos azuis non representaría á raza galega senón que semellaría unha sueca ou unha nórdica; para que o entendades póñovos un exemplo:
A vaca rubia galega non é, probablemente, a vaca mais fotoxénica porque cando pensamos en estes animais, inmediatamente, ven á nosa mente a raza Holstein ou vaca holandesa, a típica branca e negra que, probablemente, teña as ubres mais grandes e, por tanto dea mais leite pero, iso non quere dicir que aos galegos nos atraia porque, simplemente, non nos representa …... pois neste caso é o mesmo: Mónica Brea é a nosa vaca Rubia porque é unha autentica descendente da raza celta, unha verdadeira galega, porque os celtas non se parecían, en nadiña, ás xentes do Norte senón que eran baixiños, “menudos” e, probablemente, cuns rasgos como os de Mónica e, aínda que sexa por iso unicamente, hai que considerala ghuapa, unha ghuapa galaica.
Chegados a este momento hai que falar da ghuapa mais ghuapa entre as ghuapas peperas, a mais grande, a raíña do erotismo mais carca ….. a única, a inimitable Rosa Oubiña ……
Todos sabedes o que opino da nosa Rosiña e, do mesmo xeito, sabedes, que á vez son o seu admirador “number One” …… Rosa Oubiña representa o lado mais penoso do mundo da política, unha perfecta incompetente que está onde está simplemente pola súa “cara bonita”; e si, realmente, é certo aquel dito que afirma que “os políticos representan aos cidadáns” estamos realmente “jodidos” sendo representados por xente como “Rosiña”.
Hai enigmas que, a dia de hoxe, a humanidade non ten resolto pero que, todos aspiramos e desexamos que nalgún momento se lle poida dar unha resposta: ¿existiu realmente a Atlantida? ¿existe o monstro do Lago Ness? e o mais importante de todos: ¿ poñerá algunha vez, Rosiña, a funcionar as súas escasas neuronas?
Lembro unha ocasión, na que coinciden con Rosiña nun acto cultural, non sei si era unha conferencia ou algo así e, pola cara de concentración que tiña, dábame a sensación de que estaba a pensar en algo moi pero que moi profundo, quizais, intentando rebater a teoría da relatividade de Einstein ou pensando en outras opcións á teoría dos “buracos negros” de Stephen Hawking, hasta que, nun momento dado, vexo que a súa cara de concentración mudou a unha expresión moito mais relaxada polo que, acabei deducindo que, en ningún momento, tivera reflexión profunda algunha senón que, realmente, o que estaba a facer era buscando a forma de soltar un peido da forma mais discreta posible (non me acheguei onde estaba ela pero co “fashión” total que é non me estrañaría que cheirase a Chanel nº5 ).
De Rosiña poderiamos contar moitas cousas pero voume quedar cunha anécdota que xa contei no seu dia: nunha ocasión, esta boa señora, colgou no seu muro de Facebook unha cita de Cicerón (como si ela supera quen carallo era Cicerón) que, entre outras cousas, dicía “(…) La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado” ….. pido perdón pola expresión que vou botar pero esta muller ten un morro que lle chega, non xa, aos seus preciosos peitos senón aos pes …… hai que ter moita, pero moita faciana para facer esta declaración cando levas case 20 anos cobrando do Estado e non porque sexas unha funcionaria que sacaches a túa praza con esforzo e tesón, senón, porque un dia enchufáronte e aí segues “chupando del bote”.
Pero hoxe non estamos para falar das súas inexistentes capacidades intelectuais, senón, da súa innegable beleza que a leva a estar entre as peperas mais sexis.
Non se pode negar que Rosiña é unha autentica “mullerasa”: alta, guapa, cun “tipito fino” e a quen, calquera “trapiño”, quédalle sinxelamente divino.
Con Rosiña somos moitos os varóns cambadeses que nun pasado gozábamos da súa visión e que nos levaba a celebrar o Nadal incluso no mes de agosto, por aquilo de que era pensar en ela e “tocabas a zambomba” (cousas de adolescentes e das hormonas). Coido que non é nada aventurado dicir que si o PP a nivel nacional, tivo no seu dia, a súa particular musa que non era outra que Norma Duval, o PP, non xa cambadés, senón, galego ben lle podía outorgar ese título á nosa veciña, quen de seguro o luciría con “orgullo e satisfación”.
Poderiamos seguir porque mulleres peperas ghuapas hai dabondo para dar e tomar, por exemplo, a beata das Angustias que no seu tempo libre dedicase a botar falsos rumores da alcaldesa ou a rubia boicoteadora que gasta os cristais dos escaparates de tanto mirarse neles pero, por hoxe, deixarémolo aquí.
Así que xa sabedes, amigos, si queredes sentirvos mais guapos nada de liftings faciais nin de “operacións biquinis” o que tedes que facer é achegarvos á sede do PP mais próxima e sacarvos o carné do partido, seguro que triunfades.
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
Imaxes: Faro de Vigo
La Voz de Galicia
A Ti Meu Cambados
La Voz de Galicia
A Ti Meu Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.