TELÉFONOS DE INTERESE

24 de febrero de 2017

PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO DE CAMBADOS















Viernes 24 febreiro

A túa cara sóame 22h espectáculo musical Na Praza de Alfredo Brañas. 

Imitando o programa “Tu cara me suena” onde teremos actuacións e concertos en directo. Anímase a toda a xente a que veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais. (En caso de choiva trasladarase á Discoteca Zao)



Sábado 25 febreiro


Animación e inchables ás 17h animación infantil no Parque de Torrado.
Animación infantil e inchables da man de Animar-T.
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

Domingo 26 febreiro


Desfile de carrozas Ás 17h Escalinata de San Tomé
Rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Paseo da Calzada – Praza do Concello. Acompañadas da música da Charanga Os Jaláticos e o Grupo de Batucada Olodum do Coio
O desfile será retransmitido polos “Sete Magníficos máis 1” (os humoristas Pedro Brandariz e Fran Rei da TVG) que estarán acompañados polo DJ Studio 21.

As 18h30 Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información consultar bases)
En caso de choiva o desfile farase o martes 28 ou como data final o sábado 4 de marzo

    Lunes 27 febreiro

    Baile de Entroido Infantil Ás 17h No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña

    Con animación a cargo de Nueva Era e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, e grupo de 150€. Este ano, con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017,  haberá un premio especial ao mellor disfrace relacionado coa cultura do viño de 100€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais de Cambados. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. (Para máis información, consultar bases)
    Concurso de Filloas ás 17h Sala de Degustacións do Salón J. Peña

    con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 50€. (Para máis información consultar bases)


    Martes 28 FEBREIRO

    Concurso de Disfraces ás 17h Na Praza de Alfredo Brañas

    Premios nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra dos establecementos comerciais de Cambados ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€.
    Este ano, con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, haberá un premio especial ao mellor disfrace relacionado coa cultura do viño de 100€. (Para máis información, consultar bases).

    Concurso de Comparsas  ás 
    18h30

    Con premios para as tres primeiras clasificadas de 100€, 200€ e 300€ respectivamente. Para o resto de participantes non premiados: haberá unha gratificación de 100 €. (Para máis información consultar bases).

    * En caso de choiva os concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.


    Mércores de cinza , 1 de Marzo                                                                                    
    Degustación de doces típicos do Entroido 18h na Praza do Concello
    grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”

    Enterro da Sardiña ás 19h Tras a papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano guiará a Papisa Isabel Risco cos cánticos sacros de Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados a acompañar este sepelio que terá lugar na praia de San Tomé... para queimar a Donald Trampulleiro, que virá nada menos que no seu Hair Force One


    Viernes 3, Sábado 4 e  Domingo 5 de marzo 

    Petiscos de Entroido ás 18h nos locais de hostelería de Cambados adheridos a Zona Centro concurso de petiscos típicos destas datas.
    Cada un dos participantes elaborará un petisco cos produtos típicos destas datas. 











    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.