TELÉFONOS DE INTERESE
▼
21 de febrero de 2017
ORDE DO DÍA DO PLENO DE FEBREIRO
O vindeiro venres 24 o Concello de Cambados celebrará pleno en sesión ORDINARIA que terá lugar na Casa Consistorial, ás 21:00 h..
ORDEN DO DÍA
1° Aprobación inicial, se procede, da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e terreos de uso público cando dean acceso a establecementos industriais ou comerciais, reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadoria de calquera clase.
2° Moción do grupo municipal do PP para solicitar á deputación un protocolo de actuación especial para facer fronte aos danos producidos polos temporais.
3° Acordo de gobemo para reclamar á Xunta de Galicia un protocolo de actuación especial para facer fronte aos danos producidos polos temporais.
4° Acordo do grupo de gobemo para declarar o concello de Cambados Territorio libre de paraísos fiscais.
5°Acordo do grupo de gobemo pola defensa do sistema público de pensións.
6° Moción do Grupo municipal do PP solicitando a maior cantidade posible dentro do plan concellos 2017 ao mantemento e arranxo dos desperfectos nos centros educativos de Cambados e se inicie un plan especial para solucionar os problemas de mantementos dos colexios.
7°Acordo do grupo de gobemo para reclamar á Xunta de Galicia a creación dunha rede estable centros de información á muller (CIM).
8° Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a proveedores de pago das Administracións Públicas correspondente ao cuarto
trimestre do 2016.
9° Dar conta do informe de Tesourería emitido en cumprimento da Lei 15/2010 relativo ás obrigas recoííecidas respecto das cales transcorreu o prazo previsto para o seu pagamento.
10° Dar conta das Resolucións de Alcaldía dende a última sesión.
11° Rogos e preguntas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.