TELÉFONOS DE INTERESE

21 de febrero de 2017

SIMULACRO NO PORTO DE TRAGOVE















A Consellería do Mar, a través de persoal do ente público Portos de Galicia, de Gardacostas e do Intecmar, vén de organizar conxuntamente con Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de Cambados un exercicio de loita contra un vertido contaminante, a partir dun simulacro. A actividade, que contou coa presenza do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente de Cambados, Víctor Caamaño, tivo lugar esta mañá no porto de Tragove, do municipio cambadés, e permitiu obter novos datos relativos ao funcionamento de equipos para establecer protocolos de resposta ante accidentes ambientais.
O suposto partía dunha vertedura de hidrocarburo na zona das instalacións de varada do peirao de Tragove. Nesta ficticia situación, o produto derramado era fuel tipo IFO 180. Na evolución da contaminación obsérvase que parte do produto queda estendido entre a ramplas da explanada e a escollera do contradique de abrigo e que pequenas concentracións de fuel rebasan as augas portuarias e derivan á ría de Arousa por efecto da marea e da corrente. Seguindo o suposto, as condicións meteorolóxicas provocan manchas fragmentadas pola ría que poden afectar ás bateas e aos bancos marisqueiros, polo que se require a actuación dos equipos de loita anticontaminación da Consellería e SASEMAR, así como da confraría cambadesa.
Segundo explicou o presidente de Portos, “este tipo de exercicios desenvólvense de xeito regular para comprobar a capacidade de resposta dos efectivos e o grao de coordinación e efectividade do seu traballo conxunto”. Neste caso, a actividade permitiu “testar o estado e o bo funcionamento dos equipos e instruír ao persoal participante na utilización dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos”, engadiu Durán Hermida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.