Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2017

OBRADOIRO SMARTPEME: COMO MELLORAR A PERCEPCIÓN DOS TEUS CLIENTES COS TEUS CORREOS









Este xoves 16 novo obradoiro SmartPeme en Cambados.

COMO MELLORAR A PERCEPCIÓN DOS TEUS CLIENTES COS TEUS CORREOS

"Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Índice de contidos
• Introdución: marca persoal
• Crea a túa sinatura profesional
• Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico
• Configura Gmail para respostas estándar
• Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados
• Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.