Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de febrero de 2017

MADRUGADA AXETREADA PARA PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS












Protección Civil de Cambados realizou 23 operativos de limpeza de arquetas, tivo que cortar ou retirar 16 árbores (no Parque de Torrado polo que se pechou ao público, xunto a igrexa parroquial, recoller 39 colectores e limpar once vías por presenza de tellas, canlóns, sinais e demais.

Tamén informou da rotura de tres postes do tendido eléctrico e da retirada dun par de carteis, ademais de constatar que o vento arrincou parte do tellado da escola unitaria de Vilariño e que rompeu un cruceiro de pedra no lugar de O Cruceiro.

Ademáis a caída dun bolardo e unha cruz do campanario da Igrexa de Fefiñáns  obligou a acordoar a zona por risco de máis desprendementos e na parroquial unha cristaleira quedou seriamente danada.

Xa esta madrugada pasada unha casa no Riveiro, en Corbillón inundouse, pola cantidade de choiva que caeu durante a noite. Varias árbores caíron tamen nas primeiras horas deste sábado, en Corbillón e Oubiña.


Máis Imaxes









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.