A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, presentou hoxe unha querela polo publicado na internet na que se anunciaba a súa detención por un delito de falsidade documental.
A publicación desapareceu pouco despois que Fátima Abal a fixera pública nos seus perfís das redes sociais.
A rexedora desmentiu esta falsa información da páxina web '12minutos.com', na que calquera persoa pode publicar bromas.
Fátima Abal interpuxo esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil e posteriormente será o xuíz o que abra unha investigación, se o estima oportuno, para demandar ao autor do texto por un delito contra a honra e imaxe pública da alcaldesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.