Unha brutal colisión entre dous vehículos rexistrada na noite deste xoves na Vía Rápida que une Cambados con Ribadumia, á altura de Barrantes, saldouse cunha persoa ferida.
O sinistro produciuse, supostamente, cando un turismo invadiu de forma temeraria o carril contrario para realizar un adiantamento, provocando que outros dous vehículos ocupasen a beiravía para esquivalo e acabasen chocando entre eles.
A pesar do forte impacto e o estado no que quedaron os turismos afectados o único dos feridos, que foi trasladado a un hospital próximo, non sufriu feridas de gravidade.
O vial tivo que ser cortado durante preto de media hora.
As autoridades investigan se finalmente o primeiro condutor -o que presuntamente realizou o temerario adiantamento- deuse á fuga tras provocar o accidente.
Imaxes: Protección Civil de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.