TELÉFONOS DE INTERESE

17 de enero de 2017

CAMBADOS PRESENTARASE MAÑÁN EN FITUR COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer a axenda para os próximos días en FITUR, centrada nun contacto permanente con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación co obxectivo de transmitir os atractivos de Rías Baixas.Así, o día da inauguración oficial da feira, mañán 18 de xaneiro, a presidenta provincial manterá unha reunión ás 11:30 con representantes da Deputación de Xaén na caseta de Andalucía para abordar cuestións relativas á "Ruta dos Íberos e Fenicios" da deputación andaluza que entronca co proxecto que a institución provincial está a desenvolver cos castros. De feito, Carmela Silva informou que "hai estudos que sinalan que esta ruta iniciada en Xaén tiña moita relación coa nosa provincia, chegaba ata aquí".
Nese mesmo encontro con responsables da Deputación de Xaén tamén se analizarán temas relacionados cos castelos xa que, tal e como asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, "Xaén desenvolveu tamén un plan de usos para os castelos da súa provincia como fixemos nós con Sobroso e Soutomaior e queremos analizar vías de colaboración para promover estes elementos arquitectónicos".

Tamén o 18 de xaneiro ás 13:30 na caseta de Turespaña, a presidenta da Deputación de Pontevedra apoiará á Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, na presentación que realizará da vila como Cidade Europea do Viño.
O xoves, a maiores da presentación do destino Rías Baixas ás 12:00 na caseta de Turgalicia, a institución provincial apoiará a Vigo na presentación que realizará das Illas Cíes e que continuará cun almorzo no Espazo Atlántico de Pepe Solla. Pola tarde, ás 16:00, a Deputación de Pontevedra asistirá á presentación que a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados realizarán na caseta de Turgalicia e ás 16:30 reunirase co Director Xeral da Escola de Organización Industrial (EOI). 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.