Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de enero de 2017

"CAMBADOS, FEITO A MAN" DE JUAN GALIÑANES, CANDIDATO AOS PREMIOS MESTRE MATEO












Publicado o listado definitivo de candidaturas que participarán na XV edición dos Premios Mestre Mateo, encontramos a obra do cambadés Juan Galiñanes, "Cambados, feito a man" da productora Miss Movies. Este anuncio publicitario foi exhibido na presentación da candidatura de Cambados cidade europea do viño e que ao final saleu elixido o noso pobo.  
A partir desta publicación comeza a primeira rolda de votacións dos premios. Os académicos e académicas emitirán os seus puntos nas vinte cinco categorías a través da plataforma de visionado e votación en liña, e así elixir aos catro finalistas que se anunciarán o vindeiro mes de febreiro e que optarán a levarse un Mestre Mateo.
Un total de 176 obras (das cales 5 son longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 171 produtoras e 498 profesionais forman parte do listado, o que supón un incremento en relación ás edicións anteriores dos premios.

Os que non víchedes o spot aquí o poder ver.


EINSTEIN-ROSEN  tamén da mesma productora e dirixido por Olga Osorio opta ao premio de mellor curta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.