Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de enero de 2017

A OMIX DE CAMBADOS OFRECE INFORMACIÓN SOBRE NOVAS ACTIVIDASES














Na OMIX de Cambados xa tes a tua disposición a información sobre:

·         Axudas para a matrícula universitaria en Galicia
·         Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior
·         Esta aberto o prazo para novos procedementos de acreditación de competencias  profesionais.



Axudas para a matrícula universitaria en Galicia



A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17.
estudantessRequisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.
Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2014/15 ou no 2015/16 e non ter obtido a bolsa no curso 2016/17.
Ter superado no curso 2015/16 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares: 
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.
 
dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que é dun máximo de 862,90 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas
presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017
Máis información no DOG do 16 de xaneiro de 2017


Novo procedemento de recoñecemento das competencias profesionais



A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca un novo procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación nas seguintes cualificacións profesionais:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 536 prazas.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 356 prazas.
Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 108 prazas.
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 207 prazas.
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 438 prazas.
Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
O prazo de inscrición para estas unidades de competencia estará aberto ata o 18 de febreiro de 2017
Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 70 prazas.
O prazo de inscrición para estas unidades de competencia iniciarase o día 1 de marzo e finalizará o 31 de marzo de 2017
Requisitos:
- Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
- Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
- Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento TR305A
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior




A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
O prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312C
Estrutura e organización da proba: 
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica:
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.
Realización da proba:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
O prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312D
Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá. 
– Matemáticas. 
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe que se lle examine:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física. 
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017
Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en www.edu.xunta.es/fp

FP-Logotipo

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior
A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
  • O prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.


  • As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

  • O prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312D

Máis información :
no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en  www.edu.xunta.es/fp



Proceso de acreditación de competencias profesionais




certificadoprofesionalidad

A Consellería de Educación convoca un procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Cualificacións profesionais convocadas:
Familia Administración e xestión:
  Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela
  Actividades de xestión administrativa
A Consellería de Educación convoca un procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Cualificacións profesionais convocadas:
Familia Administración e xestión:
  Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
  Aproveitamentos forestais
  Actividades de floraría
  Produción de sementes e plantas en viveiro
Familia Comercio e márketing:
  Actividades de venda
  Organización e xestión de almacéns
  Actividades de xestión do pequeno comercio
 Xestión comercial inmobiliaria
Familia Edificación e obra civil:
  Fábricas de albanelaría
  Armaduras pasivas para formigón
  Cubricións inclinadas
  Encofrados
  Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
  Pavimentos e albanelaría de urbanización
  Revestimentos con pastas e morteiros en construción
  Colocación de pedra natural
  Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos
  Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos
  Pintura decorativa en construción
  Revestimentos con pastas e morteiros en construción
  Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción
Familia Electricidade e electrónica:
  Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
  Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
  Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
Familia Fabricación mecánica:
  Mecanizado por arranque de labra
  Soldadura
  Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
  Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
Familia Hostalaría e turismo:
  Cociña
  Repostaría
  Pastelaría e confeitaría
  Servizos de bar e cafetaría
  Servizos de restaurante
  Recepción
  Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
Familia Imaxe persoal:
  Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe
  Coidados estéticos de mans e pés
  Peiteado
  Coidados estéticos de mans e pés
Familia Industrias alimentarias:
  Repostaría
  Panadaría e bolaría
  Pastelaría e confeitaría
Familia Informática e comunicacións:
  Sistemas microinformáticos
  Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos
  Operación de redes departamentais
  Operación de sistemas informáticos
Familia Instalación e mantemento:
  Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
  Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción
  Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
  Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas
  Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
Familia Madeira, moble e cortiza:
  Traballos de carpintaría e moble
  Mecanización de madeira e derivados
  Acabamento de carpintaría e moble
  Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  Mecanización de madeira e derivados
  Instalación de mobles
  Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  Instalación de elementos de carpintaría
Familia Química:
  Operacións básicas en planta química
  Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares
  Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química
  Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
  Ensaios físicos e fisicoquímicos
 Análise química
Familia Sanidade:
  Transporte sanitario
  Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
  Farmacia
Familia Servizos socioculturais e á comunidade:
  Educación infantil
Familia Transporte e mantemento de vehículos:
  Pintura de vehículos
  Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
  Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
  Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles
  Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
  Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
  Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas  e de edificación e obra civil

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de febreiro de 2017
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED517B
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.