Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de enero de 2017

80 NIÑOS DE VELUTINA ELIMINADOS EN CAMBADOS










Protección Civil de Cambados leva neutralizados preto de 80 niños de avispa asiática desde setembro, data na que a Xunta os dotou de traxes para facer fronte a esta especie, ata onte sábado no que tiveron que intervir na parroquia de Corbillón para eliminar outro avispero. 
Cabe destacar que deses 80 niños a meirande parte foron erradicados na zona de paseo na desembocadura do Umia. 
A zona de Vilariño tamén é un foco de abundantes niños de velutina.
Desde a Xunta desenvólvese un programa de vixilancia e control da denominada Vespa Velutina e piden a colaboración da cidadanía para alertar ante a aparición dalgún insecto ou de niños desta especie.
Esta avispa é un insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en pelgro o futuro da produción apícola e diminuíndo o importante papel polinizador que desenvolven as abellas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.