TELÉFONOS DE INTERESE

30 de diciembre de 2016

LOUZÁN DEIXA O PP TEMPORALMENTE











Este paso chega despois de que o Xulgado Número 2 de Cambados acordase apertura de xuízo oral contra o ex-presidente do PP de Pontevedra por un suposto delito de suborno.

Feijóo pedira a Louzán que dira o paso dunha forma indirecta.

O ex-presidente da Deputación e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, pediu este xoves a súa suspensión temporal de militancia do PP ata que non se resolva a súa situación xudicial.
Este paso, do que informou nun comunicado o PP de Pontevedra, que agora dirixe Alfonso Rueda, chega despois de que o Xulgado Número 2 de Cambados acordase apertura de xuízo oral contra Louzán, a súa muller, e o concelleiro de Pazos de Borbén Severino Reguera por un delito de suborno.
Este mesmo xoves, Louzán defendeu a súa inocencia e asegurou sentirse vítima dunha "persecución sen base" e dun intento de "axusticialo" por un casos, que segundo di, "non se sostén".





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.