TELÉFONOS DE INTERESE
▼
29 de diciembre de 2016
FEIJÓO PIDE A LOUZÁN UNHA DECISIÓN RÁPIDA SOBRE A SUA MILITANCIA NO PP E OS SEUS CARGOS
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve "evidente" que o expresidente da Deputación e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, ten que "tomar unha decisión" e espera que a confirme "nas próximas horas" ou comunique "exactamente" ao PP a súa nova situación procesual.
Manifestouno despois de transcender que o Xulgado de Instrución Número 2 de Cambados acordara a apertura de xuízo oral contra Louzán, a súa esposa e o concelleiro de Pazos de Borbén Severino Reguera por un delito de suborno.
"É evidente que o señor Louzán ten que tomar unha decisión e espero que a confirme nas próximas horas ou nos comunique exactamente esta nova situación procesual na que se atopa e as consecuencias políticas que pode ter", aseverou, ao termo do Consello da Xunta.
Preguntado acerca de se debe dimitir do seu cargo á fronte da Federación Galega de Fútbol, rexeitou pronunciarse. "Non son parte da Federación, pregúntelle aos seus directivos", trasladou ao xornalista que lle interpelou respecto diso.
Lembremos que O PP dou como límite para a pertenza ao partido a apertura de xuício contra calquer afiliado e Louzán aparte de afiliado é asesor do PP na Deputación.
Mentras o expresidente da Deputación de Pontevedra e presidente da Federación Galega de Fútbol adscribe a investigación ao seu "ámbito privado" e sostén que volvería actuar "exactamente igual" en relación ao aluguer dos baixos.
Louzán, reiterou este xoves a súa inocencia ante a decisión de abrir xuízo oral contra el por un suposto delito de suborno e asegurou sentirse vítima dunha "persecución sen base" e dun intento de "axustizalo" por un caso que "non se sostén".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.