Cuarto triunfo seguido para os de Paco García, que buscarán un imposible en Granada apurando as súas opcións copeiras. Os galegos din adeus ás súas opcións.
Aínda que os de Manu Santos buscaron meter presión aos seus rivais. Tras o 10-10 no minuto 4, pasábase ao 12-22 cun inspiradísimo Nkaloulou. A resposta das ardillas, inmediata e contundente: 14-0 entre o final do primeiro período e o arranque do segundo (28-24). Os valisoletanos estaban no seu mellor momento e culminaban un enorme 27-6, antes de que Nkaloulou asinase o seu punto nº14 antes do descanso (37-32).
Wade-Chatman inauguraba a segunda parte desde o perímetro, aínda que o primeiro golpe foi visitante: 0-9 e de novo por diante. Nese importante momento do encontro aparecía Sergio De la Fuente, que disputaba un vibrante duelo anotador con Nkaloulou para levar o choque igualadísimo (50-49). A segunda unidade das ardillas abría un pouco de brecha (57-51). Xuven non quería deixar escapar ao seu rival e volvía apertar un marcador que sinalaba empate a 63 con cinco minutos por xogarse. Un empate que se repetía nos cartóns 69 e 71, pero agora con soamente 90" restantes. Momento clave e xogador clave: triplazo de Sergio De la Fuente (74-71). Aínda tiveron os amarelos a opción de forzar a prórroga, con tres tiros libres de Quintela. Pero o galego deixouse o último e o triunfo quedou no Pisuerga.A clave: 27 puntos, 13 rebotes, 9 faltas recibidas e 36 de valoración para Sergio De la Fuente, ademais do seu acerto crave no último minuto. A "ardilla" neutralizou o gran encontro de Nkaloulou: 27 tantos e 30 de valoración.
Estatística

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.