Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de diciembre de 2016

483 PARADOS MÁIS NA NOSA COMARCA










En España a suba foi de 24.800 persoas. En canto ás afiliacións á Seguridade Social, en Galicia baixaron en 3.000 persoas e no conxunto estatal hai 32.800 afiliados menos


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en novembro en Galicia en 4.614 persoas en relación con outubro, un 2,32%, por enriba da media, ata situarse o total en 203.554.
No conxunto estatal, 24.841 persoas máis estaban en paro en novembro respecto ao mes anterior (+0,6%), encadeando así a súa cuarta suba mensual consecutiva tras as de agosto (+14.435 desempregados), setembro (+22.801) e outubro (+44.685).
Por outra banda, as afiliacións á Seguridade Social baixaron en España nun 0,18%, hai 32.832 afiliados menos. O que deixa un total de 17.780.524 persoas afiliadas á SS. En Galicia o descenso foi de 3.008 persoas (un 0,31%), quedando cun total de 968.544 afiliados.

Na nosa comarca a tendencia é a mesma que en Galicia e no Estado. Suba xeneralizada en todos os concellos con 483 parados máis e non 577 como publicamos anteriormente. Como sempre á cabeza na destrucción de emprego, as vilas máis grandes. Vilagarcía con 127 parados máis, Cambados, Sanxenxo e o Grove con 37, 145 e 86 respectivamente. Ribadumia é o único concello onde o paro rexistrou unha baixada, neste caso de 9 persoas


A Xunta nembargantes saca unha lectura positiva e fai fincapé nos datos interanuais no seu titular e deixa para o final da nova os datos negativos do mes de novembro.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.