TELÉFONOS DE INTERESE
▼
9 de noviembre de 2016
SEGUNDA DERROTA DO XUVEN QUE CONSERVA A SEGUNDA PLAZA
Os de Pablo Pin quedan coa primeira praza en solitario da liga LEB Prata tras levar con claridade o duelo estelar ante Xuven Cambados.
A escuadra andaluza convértese no novo líder en solitario da competición tras o seu gran golpe sobre a mesa fronte a Xuven Cambados, que queda como segundo a pesar desta derrota.
Covirán Selecta tiña moi claro que había que arrincar con forza e un 8-2 en apenas dous minutos constatábao. Xuven Cambados aguantaba este primeiro tirón (13-10), pero o choque movíase nos parámetros que lle interesaba aos andaluces, co seu defensa impoñéndose. E en ataque, un triplo de Jesús Fernández colocaba o +10 ao termo do primeiro período (25-15). Esa decena consolidouse como unha cómoda renda para os locais, que vían como os galegos non podían reducir a súa desvantaxe. Cada intento visitante era respondido de inmediato e con De Lattibeaudiere empezando a producir os de Pablo Pin pechaban a primeira metade con +13 (46-33).
O paso polos vestiarios non activaba a un Xuven Cambados que padecía o ciclón De Lattibeaudiere: 10 puntos seguidos para un incrible +20 no marcador (55-35). O partido parecía sentenciado e as noticias que chegaban de Alacante e Azpeitia provocaban aínda máis euforia na afección local. Pero o líder aínda tiña cousas que dicir e un parcial 3-15 "metía o medo" no corpo ao Palacio. Dous triplos de Almeida e Fernández parecían acougar a todos, pero Erik Quintela respondía de igual forma (67-60). Os andaluces volvían cargar o xogo na súa pintura, obtendo réditos inmediatos e a tranquilidade definitiva (75-60) superado o ecuador do cuarto período. Os últimos minutos foron un frenesí anotador que non influíu no devir do encontro.
A clave: O MVP da xornada. Tyron De Lattibeaudiere asinou un impecable encontro, con 25 puntos, 10 rebotes e 42 de valoración e un espectacular 12 de 13 en tiros de dous.
Estatística
Fonte: FEB.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.