Os clubes piden cambios | ||
A reunión para analizar o fútbol base en Galicia resultou moi productiva | ||
|
De moi productiva pode calificarse a reunión celebrada onte en Santiago pola Federación Galega de Fútbol. A instancias do presidente foron convocados preto de trinta clubs a un encontro que tiña por obxectivo analizar en profundidade o fútbol base en Galicia. O éxito da convocatoria foi absoluto, coa presenza duns cincuenta representantes dun amplio número dos clubs máis significativos de Galicia. O presidente, Rafael Louzán, estivo acompañado polos cinco vicepresidentes federativos (Gustavo Falqué, Juan Luis Villamisar, José Manuel Fernández Cid, Carlos Méndez e Javier García), así como polos directivos José Manuel Fernández e Amancio Varela, e polo director deportivo Manu Fernández. Logo dunha breve introducción do presidente abriuse a participación, pois o obxectivo principal da Xunta Directiva era escoitar as opinións dos clubs e sacar conclusións que serán analizadas na próxima reunión do Comité de Fútbol Base. E das moitas opinións manifestadas durante tres horas de reunión quedou claro que os clubs piden cambios para correxir algúns aspectos que preocupan, e moito, como a violencia nos campos de fútbol, xa non só a violencia física senón tamén a verbal, ou o efecto que as goleadas demasiado abultadas xeneran nos cativos. Os acordos que se levarán ó Comité de Fútbol vana ser, entre outros: -Conxelación dos resultados a partir dunha determinada diferencia de goles. -Eliminar a visibilidade dos goleadores nos datos dos partidos. -Controlar o acceso de pais e público en xeral ás actas dos partidos. -Instaurar os cambios volantes tamén en 1ª e 2ª categoría autonómica infantil. -Adaptar os tempos de xogo ás categorías (agora mesmo duran o mesmo os partidos desde Biberóns ata alevíns de fútbol 8). -Autorizar xa a partir de xaneiro ós árbitros a suspender un partido no caso de insultos graves que parten do público asistente. Esta medida probarase na segunda parte desta tempada na categoría alevín. Cabe destacar que esta foi a primeira vez que a Federación convocou a tantos clubEs para facer un análisis profundo da situación do noso fútbol base, algo que os representantes dos equipos agradeceron nas súas intervencións. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.