TELÉFONOS DE INTERESE
▼
27 de noviembre de 2016
EDUARDO P. BAAMONDE 3º PREMIO DO "VIII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
Ao certame presentáronse un total de setenta obras, das que as cincuenta e catro da categoría de adultos optaban aos premios.
A alcaldesa accidental de Narón, Marián Ferreiro, presidiu o acto de entrega dos premios do “VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O evento desenvolveuse a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, donde permanecerán expostas as obras ata o vindeiro 12 de decembro. A alcaldesa accidental agradeceu a elevada participación nesta edición do certame.
O primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para Manuel Raúl Gil Burés, veciño de Taragoña (Rianxo), pola súa obra “Foise”. O seu cadro pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e ilustrará o cartel da vindeira edición deste concurso, tal e como se contempla nas bases. Así mesmo, o autor do mesmo terá dereito a unha exposición da súa obra durante quince días no Pazo da Cultura.
O segundo premio, de 750 euros, foi para Manuel Ángel Serantes Morán, veciño de Ponferrada (León), coa obra “Urbano”, e o terceiro, de 400 euros, concedeuse a Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados, polo cadro “Faro Garreta”.
O xurado encargado de valorar as obras presentadas estivo presidido polo artista luso Manuel Patinha; o gañador da anterior edición do certame, Manuel Carballeira, e por Pedro Taboada, director da páxina www.pintoresgallegos.com. En total presentáronse a este concurso setenta cadros, dos que cincuenta e catro correspóndense coa categoría de adultos e os dezaséis restantes coa infantil, para nenas e nenos de ata quince anos. A todos os participantes entregóuselles un detalle participativo.
Marián Ferreiro valorou a calidade das obras presentadas, destacando a súa gran variedade en canto á temática elixida polos seus autores e ás técnicas empregadas.
Participaron neste certame persoas da cidade e da comarca pero tamén chegadas dos concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Rianxo, de Castela León e da Comunidade Valenciana, entre outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.