TELÉFONOS DE INTERESE

4 de junio de 2016

UN RIAS BAIXAS MELLOR VIÑO DE ESPAÑA SEGUNDO A U.E.C.







O Señorío de Rubiós Albariño 2015 logrou o Gran Baco de Ouro Premio Luís Hidalgo que outorga a Unión Española de Catadores e que o recoñece como o mellor viño xoven español da añada 2015. Ademais, o Liñar de Vides 2015 obtivo un Baco de Ouro.

Nesta trixésima edición dos Premios Baco presentáronse 534 referencias procedentes da práctica totalidade da indicacións xeográficas de calidade de España, incluíndo as 49 Denominacións de Orixe. Estes viños foron valorados nunha rigorosa cata a cegas por un xurado composto por 50 catadores pertencentes á UEC, que consideraron que o mellor viño presentado a concurso era o Señorío de Rubiós Albariño.

Un panel composto por 50 catadores pertencentes á Unión Española de Catadores, ao que acompañaron nunha innovadora experiencia formativa dez alumnos do IES Escola da Vide de Madrid, foi o encargado de valorar en estrita cata a cegas os 534 viños novos procedentes da práctica totalidade das indicacións xeográficas de calidade da España vinícola, incluíndo a 49 das   Denominacións de Orixe, inscritos nos Premios Baco colleita 2015.


Selos de calidade como as Denominacións de Orixe Rueda, con quince galardóns, seguido moi de preto pola DO Rias Baixas, con catorce medallas Baco, as DO Ribeira do Duero e Rioja, con sete respectivamente, e Viño da Terra de Castela, con seis dos seus viños entre os premiados, convértense nas grandes triunfadoras dos Premios Baco colleita 2015.

Será o próximo 28 de Xuño a data escollida pola Unión Española de Catadores, organizadora dos Premios Baco desde o ano 1985, para o desenvolvemento do Salón dos Mellores Viños Novos de España da colleita 2015, unha oportunidade única para coñecer da man dos seus autores as mellores elaboracións novas do noso país.


Lista Completa de medallas Premios Baco cosecha 2015





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.