TELÉFONOS DE INTERESE
▼
5 de junio de 2016
33 AFOGADOS EN GALICIA NO QUE VAI DE ANO
Galicia é a comunidade con máis afogados, con 33 no que vai de ano.
As cifras rexistradas converten o 2016 en "un ano especialmente dramático" nos espazos acuáticos españois, segundo a Federación Española de Salvamento e Socorrismo a través dun comunicado, no que lembrou que durante todo o ano 2015 rexistráronse 44 afogados, unha cifra moi próxima á alcanzada no primeiros seis meses do 2016, sen empezar a campaña de verán.
En este mesmo período de estudo (do 1 de xaneiro ao 3 de xuño) durante o pasado ano, os mortos por afogamento foron 12. Para realizar a análise, tivéronse en conta aqueles producidos tanto en praias, ríos, piscinas como tamén outros espazos acuáticos da comunidade. Pola súa banda, a cifra nacional ascende aos 160 mortos, mentres que durante o mesmo período do 2015, contabilizáronse 86. Segundo valorou a federación de salvamento, estas cifras converten o 2016 en "un ano especialmente dramático" para as incidencias mortais nos espazos acuáticos españois.
OUTRAS COMUNIDADES
Canarias é o segundo territorio español con máis afogados (30), por diante de Andalucía (29), Castela e León (14), País Vasco (8), Comunidade Valenciana (7), Asturias (5), Aragón (5), Castela a Mancha (4), Cataluña (4), Ceuta (4), Illas Baleares (4), Región de Murcia (3), Melilla (3), Cantabria (2), Estremadura (2), A Rioxa (2) e Navarra (1). Tan só a Comunidad de Madrid mantense sen ningunha persoa afogada.
As 160 vítimas totais supoñen unha media superior a un afogamento ao día e un crecemento do 86,04 por cento respecto da mesma data do ano pasado. Tan só o mes de maio producíronse medio centenar, o que o converte en "o período máis tráxico de 2016".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.