TELÉFONOS DE INTERESE

15 de junio de 2016

PROBA CICLISTA “IV RUTA DO ALBARIÑO”











Esta fin de semana celebrarase por estradas do Salnés a “IV RUTA DO ALBARIÑO” para as categorías Júnior e Sub-20.


Cun intenso programa de competición a Ruta do Albariño celebrará esta fin de semana a súa cuarta edición polas estradas da comarca do Salnés. Meaño acollerá o sábado un dobre sector e Cambados será o punto de inicio e chegada da etapa do domingo.  Os corredores junior e sub 20 serán os protagonistas desta cita puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

O sábado celebrarase a primeira etapa dividida en dous sectores.

Unha crono-escalada de 3 km con saída en Meaño e chegada no Alto do Busto, pola mañán.
E o segundo sector una carreira en liña de 54 km con saída e chegada en Meaño pola tarde.

Xa o domingo a segunda etapa de 69 km con saída e tamén chegada en Cambados, na Av De Galicia.




Por tal motivo, dende a­s oito da mañá, o tramo da Avenida de Ga­licia comprendido entre a Rúa Nova e a R­úa Borrón estará cortado á circulación a­ta as 10, e de novo a partir das 12:30 h­oras para facer a entrega de medallas at­a as 14:00 horas.
Durante a mañá do domi­ngo estará prohibido estacionar nese tra­mo da vía, así como no estacionamento qu­e está á beira da praza, que se acondicio­nará para os participantes.
A Policía Local e o Concello de Cambados piden disculpas polas molestias que ­poidan ocasionar estes cortes de tráfico­ e solicitan á veciñanza toda a colaboración posible­ para que a carreira discurra con
norma­lidade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.