TELÉFONOS DE INTERESE
▼
16 de junio de 2016
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE MARCELA SANTORUN EN TORRADO
Este venres ás 20:00 h no Pazo Torrado inaugurarase unha nova exposición.
Abismos, de Marcela Santorun. A exposición poderá visitarse entre o 17 de xuño e o 17 de xullo. Podedes pasar a visitala de 18:00 a 21:00 h de martes a domingo.
Marcela Santorun Ardone licenciouse en Belas Artes en 1989 e en Psicoloxía en 2002. En 1990 e en Vilagarcía de Arousa, comezou o seu traballo como artista plástica sendo a pintura o seu ámbito principal de actividade. Desde entón realiza exposicións con regularidade dentro e fóra de Galicia en espazos como Galería Citania de Santiago de Compostela, Galería Alameda en Vigo, Sala Caixavigo, Século XXI en Madrid, Galería Clérigos de Lugo e Galería Triart -Vigo-.
Paralelamente colaborou en edicións para Editorial Ir Indo, Edicións Xerais de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e a Universidade da Coruña entre outras. En 1985 comeza a interesarse polas linguaxes estéticas e publica unha análise sobre a obra plástica e literaria de Luís Seoane do cal é coautora: Luís Seoane, O alquimista. Ana Santorum e Marcela Santorum Ardone. Edicións do Castro. Sada -A Coruña-. 1998. Este libro obtén o premio da crítica de Galicia na modalidade ensaio. Na actualidade compaxina o seu traballo plástico coa reflexión sobre estética, arte e pensamento que desde 2004 publica con regularidade en suplementos culturais como O Faro da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.