TELÉFONOS DE INTERESE

2 de junio de 2016

O PIRAGÜISMO CAMBADOS ASINA O DOBRETE EN CANGAS E LIDERA A XERAL











Con este resultado os cambadeses son líderes na xeral masculina e segundos por detrás do Breogán en mulleres.                                                                                                  

O porto deportivo de Cangas acolleu o pasado sábado pola tarde a 4º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. A competición daba comezo ás 17:00 horas coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.

O Piragüismo Cambados levou a vitoria na xeral masculina con 143 puntos, seguidos do Club de Mar Ría de Aldán que sumou 109 puntos, terceiro  foi o Piragüismo Aldán con 98. Ademais os de Cambados foron os primeiros en mulleres ao sumar 38 puntos, seguidos polo Piragüismo Olívico con 21 e o Breogán do Grove con 19.

As clasificacións xerais da liga unha vez sumados as catro primeiras probas, encabézaas en homes o Club Piragüismo Cambados con 198 puntos, séguelle o Club de Mar Ría de Aldán con 194 puntos, terceiro mantense o Piragüismo Olívico con 185 puntos. Pola contra en mulleres produciuse un cambio de líder ao termo desta competición, pasando a ser o Breogán o que encabeza a lista con 193 puntos, séguenlle con 191 puntos o Piragüismo Cambados, o Ría de Aldán pasa a ser terceiro con 188.

A nivel individual destaca a vitoria  en K1 Sprinter Senior o triunfo foi para Carlos Pérez "Perucho", segundo en entrar en meta a tres minutos Adrián Carpente-Náutico Miño, a terceira praza obtívoa o Fernando Estévez-Piragüismo Cambados. Na modalidade K2 Sprinter Senior as tres primeiras posicións foron para a parella do Náutico Rodeira Mauro Prieto e Cristian Chapela, segundos chegaron David Branco acompañado de Valentín Boullosa do Piragüismo Vilaboa e terceiros os dous compoñentes do piragüismo Cambados Borja Botana xunto con Fernando Pombo.

A próxima competición da liga será o 8 de Agosto na localidade coruñesa de Cabanas, onde se celebrará tamén o campionato galego da categoría infantil.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.