Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de junio de 2016

CONFIRMADO UN TERCEIRO CONCERTO PARA O ALBARIÑO´16











A falta de confirmación oficial por parte do Concello, xa temos o nome doutro dos grupos que actuarán na Festa do Albariño. Os rumores sobre esta actuación estanse a disparar. Agora xa non é un rumor!!!

O venres 5 de agosto farán acto de presenza na praza de Fefiñáns Furious 

Monkey House, a sensación musical en España neste 2016.

O seu estilo lévaos a estar na lista dos 40 Principales ou en Festivais alonxados das listas de "superventas",  Festival PortAmérica (Pontevedra), Cultura Quente (Caldas), Madrid, Coruña....... Hai 4 meses escribimos un artigo sobre eles e 

pudemos manter contacto a través das redes con eles.




A SENSACIÓN MUSICAL EN ESPAÑA SON DE PONTEVEDRA


Mariña, Carlota, Amaya, Irene e Manu, formaron un grupo de música de Pontevedra. Chámanse Furious Monkey House, e claro, o nome débese a que con eles tamén toca un mono furioso.

Decidiron crear o grupo en marzo de 2014 porque lles apaixoa a música, e aínda que tiñan entre 11 e 13 anos, recibiran formación musical e encántalles subirse a un escenario e tocar.
Comezaron a gravar unha maqueta con 5 cancións e ao final, tiveron a oportunidade de gravar o seu primeiro disco que titularon "RUN".

A experiencia da gravación foi incrible. Fixérono en febreiro e marzo deste oasado ano, baixo a produción musical de Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo en Planta Sónica e nos míticos estudos Abbey Road de Londres. Alí, por onde pasaron artistas e bandas moi importantes da historia da música como The Beatles, Rolling Stones, Pink Floyd ou Radiohead, estiveron estes rapaces: Mariña cantando, Carlota tocando a batería, Amaya os sintes e as teclas, Irene e Manu a guitarra e o mono furioso o baixo.

Durante a aventura en Abbey Road coñecemos a Adrian Hall, quen lles mesturou o disco e ademais dedicoulles estas marabillosas palabras: "Encantoume mesturar o álbum de Furious Monkey House! Son un fantástico grupo de nenos talentosos facendo gran música!"

                                                         Aquí tes o tema que da título ao seu álbum.

Aínda que escoitan música de estilos moi diferentes, tiñan claro que se facían música sería coa influencia de bandas dos 90´s das que son fans, como Pixies, Nirvana, Cardigans, Smashing Pumpkins. E están seguros de que o conseguirán! As 11 cancións inéditas de "Run" soan a iso pero tamén levan a enerxía e o carácter propio do grupo.

"Run" publicouse o 13 de novembro con Esmerarte.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.