TELÉFONOS DE INTERESE
▼
26 de mayo de 2016
O PLENO DE HOXE TRASLÁDASE AO VINDEIRO MARTES
O Concello de Cambados informa que, debido a que o Pleno Extraordinario a celebrar para sortear os membros das mesas electorais para as eleccións a Cortes Xerais, debe ser convocado entre o 28 de maio e o 2 de xuño, o Pleno Ordinario previsto para esta noite será aprazado, convocándose para o vindeiro martes, 31 de maio ás 21:00 facendo coincidir a súa data co pleno extraordinario de sorteo das mesas, que se celebrará ás 20:00.
A sesión ordinaria terá na súa orde do día varias mocións, tanto do goberno como da oposición sobre os aparcadoiros do Hospital do Salnés, o financiamento da asociación Esperanza e a compostaxe, tamén se votará un plan de axuste económico e a modificación da ordenanza que regula o uso das terrazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.