O sábado 4 de Xuño celebrarase no municipio de O Grove unha nova edición do festival musical "A Figheira do Meco", que este ano contará coa participación dun total de cinco formacións musicais.
O evento terá lugar no monte Siradella e a súa entrada será gratuíta.
Avante toda, festa!!! concertos e demáis carallada para o sábado 4 de Xuño en Ogrobe, no Sétimo Festival do Monte Siradella, organizado outro ano máis pola AC A Figheira do Meco.
Musicarán a noite DeLombaos (Rock Funki, Compostela), Innopiah (DIY Punk, Pontevedra), Kambotes (Punk Rock, Rodeiro), Amenaza de Muerte (Death Metal, Costa da Morte) e Satxa (Punk Hardcore, Santomé).
Como sempre a entrada é de balde, haberá postos de comida, bebida, artesanía e merchandise.
O sábado 4 de Xuño, non faltedes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.