Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2016

NÚÑEZ FEIJÓO VISITA CAMBADOS NO 50 ANIVERSARIO DO PARADOR







O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o turismo cada vez pesa máis na economía de Galicia e aseverou que “un de cada dez euros da economía galega é turismo”. “Estamos a falar de case o 11% do PIB de Galicia” incidiu.
Durante o acto conmemorativo do 50 aniversario do Parador de Cambados, Feijóo sinalou que as Rías Baixas se están a consolidar como un dos destinos turísticos máis importantes da Comunidade. Nesta liña resaltou que en 2015 se realizaron case 1,3 millóns de pernoitas nesta zona, e que no primeiro trimestre de 2016, o número de turistas aloxados incrementouse máis dun 26% respecto ao mesmo período do ano pasado.
O presidente da Xunta afirmou que estes bos resultados son a consecuencia dunha aposta polo turismo de calidade, do que dixo que o parador de Cambados é exemplo.
Logo de resaltar o valor que o parador de Cambados ten para a comarca, Feijóo salientou o labor de Paradores de Turismo de España para dar a coñecer a riqueza artística, cultural e gastronómica da Comunidade. E agradeceu o espírito colaborativo para poñer en marcha diferentes iniciativas como o Menú Peregrino que permite aos viaxeiros gozar dunha degustación dos mellores produtos a uns prezos económicos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.