Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2016

LOUZÁN SEGUIRÁ NAS LISTAS DO PP AO SENADO PARA O 26-X










O PP de Pontevedra non varía a súa lista ao Congreso para al Eleccións do 26 de xuño (encabezada por Ana Pastor e coa presenza da expresidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, como número 3). Igualmente, continúa como suplente para a Cámara alta o expresidente do PP de Pontevedra Rafael Louzán, investigado en dúas causas xudiciais.
Si abandona o seu posto como suplente na candidatura do Congreso Jorge Caldas, o exedil de Moraña que dimitiu tras dirixir varios insultos sexistas á presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, á que tachou de "mala zorra".
Lembremos que o popular tivo que declarar en varias ocasións no xulgado número dous de Cambados para responder dun presunto delito de suborno polo caso dos sobreprezos no aluguer duns locais da súa propiedade en Vigo ao ex deputado provincial e concelleiro do Partido Popular en Pazos de Borbén Severino Reguera.
Na causa de Cambados mantéñense como investigados -anteriormente imputados- ademais do expresidente provincial, a súa esposa e o deputado provincial do PP e concelleiro de Pazos de Borbén, Severino Reguera, todos eles por un delito de suborno por posibles sobreprezos no aluguer duns baixos na rúa das Teixugueiras, no barrio vigués de Navia.

A outra causa é unha peza separada da "Operación Patos"







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.